Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.

Libros

kika Superbruja revoluciona la clase - Kika Superbruja revoluciona la clase



fotoEu chamome Noelia e recomendo que leades o libro “Kika Superbruja revoluciona la clase”. Eu lino e pareceume moi divertido e tamén moi interesante. Eu lin casi toda a colección e parecéronme todos moi divertidos pero o que máis me gustou foi este. Está cheo de diversión, maxia, embruxos ,...

 

O seu autor é Knister, un escritor alemán. Desde que o libro de maxia e Kika se atoparon a carón da súa cama as súas aventuras son moi divertidas facendo que poida aparecer en lugares moi diferentes.

 

Sabedes! tamén hai aventuras de Kika Superbruja e Dani, o seu irmán pequeno. Eu aínda non lin ningúns deses pero teño moitas gañas de que un deses caiga nas miñas mans. Se queredes saber máis cousas sobre KiKa xa sabedes o que tedes que facer, dádevos présa e comezade a ler. No meu cole teñen moitísima aceptación, ademais a súa letra é grande o que fai que a súa lectura sexa moi doada.

 

COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line