Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.

Nova

APRENDEMOS ACTUANDO: FINS E PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS



foto

No escenario da política de aprendizaxe de linguas do Consello de Europa, o concepto de plurilingüismo foi adquirindo cada vez máis importancia ata a actualidade onde a formación plurilingüe se está convertendo no enfoque metodolóxico imprescindible para unha cidadanía competente no mundo da comunicación intercultural.

Nestes ámbitos sociopolítico e pedagóxico-escolar, a expresión dramática xoga pois un papel relevante na adquisición dunha segunda lingua, neste caso, a lingua inglesa. Se botamos unha ollada á revista Eduga na sección de “Experiencias”, observamos como ao longo destes anos, co impulso do plurilingüismo e a importancia da competencia comunicativa nas linguas estranxeiras, o noso colexio ven impulsando en todas as etapas educativas unha serie de iniciativas encamiñadas a potenciar as destrezas necesarias que lles permitan aos nenos e ás nenas falar e comprender unha conversa a través de contextos reais, óptimos e divertidos. Unha destas iniciativas que vai cobrando cada vez maior protagonismo no ámbito educativo é a representación teatral nas aulas de Infantil e Primaria. A lectura de contos e obras literarias ou a cinematografía na lingua materna ou na lingua inglesa e a posterior reprodución en escena constitúe, así pois, uns dos elementos do enfoque por tarefas que se emprega para esta finalidade didáctica, onde a nenez non só aprende unha lingua estranxeira senón que tamén aprende a ser e a facer, é dicir, un desenvolvemento integral do alumnado a nivel persoal, académico e social.

A finalidade primordial de toda práctica de dramatización na aula é disfrutar aprendendo e actuando e conseguir unha maior apertura lingüística e socio-cultural. Neste contexto educativo, os aspectos imprescindibles da dramatización e do teatro infantil para o desenvolvemento integral do alumnado é aprender a vivir e a convivir, a ser e a facer, a traballar xuntos, a pensar no outro e a ser solidario, son habilidades esenciais que os nenos van adquirindo ao longo do proceso dun xeito lúdico e creativo.  Todo isto non se debe de deixar nun segundo plano, pois estaríamos frenando a aprendizaxe, a disposición e a motivación do alumnado. É imprescindible que os nenos e as nenas se movan, observen, exploren, expresen, vivan, etc; e por sorte, mediante a dramatización, todo isto é posible.

Ligado a esta idea está o valor que os nenos adquiren na escena e para falar en público, non só na lingua materna, senón na lingua estarnxeira, coa que se senten máis inseguros á hora de comunicarse, pronuciar e levar a cabo un diálogo nunha situación real. Debemos deixar atrás as listas nemotécnicas de vocabulario e estructuras gramaticais para a aprendizaxe da lingua inglesa para dar paso a prácticas como a dramtización que potencian a competencia comunicativa e a interacción social.

Durante el juego nos evadimos de la realidad y nos comportamos como si todo fuera distinto. Por un momento nos convertimos en otra persona, experimentamos sus sentimientos, nos atrevemos a equivocarnos, a hacer cosas que no haríamos en nuestra vida cotidiana. (Mateo Sola, 2011: 2)

COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line