Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.

Nova

PROXECTO ABALAR

PROXECTO ABALAR
Desde o curso 2010/2011 o noso Colexio forma parte do Proxecto Abalar, o que supuxo un equipamento en 5º de Ed. Primaria, das seguintes dotacións de material:
· Ordenador portátil para cada alumno/a e profesor, Pizarra Dixital Interactiva, cañón proxector e carro de carga dos equipos.
· Sofware necesario.

 

No curso escolar 2011/2012, o Proxecto Abalar exténdeuse a 6º de Ed. Primaria, polo que se habilitou unha aula cun novo equipamento informático. A Consellería de Educación aportou os ultraportátiles e o Centro financiou a Pantalla Dixital Interactiva, o Proxector, e demais elementos necesarios para poñer en funcionamento a aula.

 

Ademais, desde o curso 2011-2012 as aulas de Ed. Infantil, contan con Pizarras Dixitais Interactivas. Con isto os nenos e nenas poden mellorar a súa competencia dixital, os seus recursos educativos variaron notablemente, xa que forman parte da súa actividade docente e da súa aprendizaxe diaria.

 

Máis información na sección novas



foto

No curso escolar 2010/11 a Consellería de Educación dotou aos centros educativos de 15.000 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do Proxecto ABALAR.
Os primeiros ordenadores comezaron a usarse nas aulas piloto no mes de outubro, e pouco a pouco foron extendéndose por toda a rede de centros seleccionados.
Máis de 700 aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO dispoñen xa de 15.000 ordenadores ultraportátiles para cada alumno ou alumna no curso 2010/2011, grazas á dotación de equipamento informático que levou á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do Proxecto ABALAR.
Ademais da subministración de ultraportátiles, a empresa adxudicataria prestará un servizo técnico de soporte durante un mínimo de tres anos para todo o equipamento contratado, que inclúe a reposición de pezas, entre elas as baterías.
Os ordenadores foron utilizados, nesta primeira fase, nos centros escolares. Aínda así, a Consellería de Educación abre a posibilidade a que, segundo se vaia desenvolvendo o proxecto, os rapaces leven os portátiles á casa, sempre como continuidade da actividade educativa.
A subministración dos ordenadores foi o segundo paso da Consellería de Educación no camiño a materializar o Proxecto ABALAR nos centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia, despois de que a finais de 2009 investirá 1,1 millóns de euros en mellorar as infraestruturas eléctricas e de datos en 138 centros educativos, entre eles o 100% dos CPI e unha elevada porcentaxe dos IES, para que podan participar no proxecto coas garantías técnicas necesarias.
Características técnicas

A Xunta de Galicia acordou a contratación mediante a aplicación de diferentes criterios, entre os que destacan a robustez, a seguridade e a ergonomía dos equipos. Así mesmo, os ultraportátiles foron sometidos a probas de laboratorio, para comprobar a duración da batería, a interacción coas redes WIFI ou impresoras, ou as medicións de luminancia.
No tocante aos requerimentos técnicos, todos os netbooks deberán ter, como mínimo, 1024 MB de memoria RAM, e 120GB de disco duro; tarxeta de son, tarxeta de rede e de rede sen fíos. As pantallas serán de tipo TFT, de dez polgadas; e as baterías, de tecnoloxía Litio-ión, manterán unha autonomía de polo menos 300 minutos.
Con respecto ao software, os ordenadores deberán ser subministrado polo menos co sistema operativo GNU/Linux, lector de arquivos en formato PDF, compresor e descompresor de arquivo en formato ZIP, antivirus, navegador de Internet de última xeración con soporte Java integrado, e un paquete ofimático básico –procesador de textos, folla de cálculo, etc-. Ademais, a empresa facilitará a configuración deste software aos usuarios finais nunha chave USB, de xeito que sexa posible rexenerar completamente o sistema se así fose necesario.
Un proxecto que mira ao futuro

No curso 2010/2011, os netbooks entraron en algo máis de 700 aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO. En 2013, todas as aulas de 5º, 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO
estarán dotadas destes recursos, un período durante o cal está previsto que se beneficien da modernización do ensino 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos.
Con posterioridade continuarase estendendo ao resto de niveis educativos, ao ritmo que se estableza segundo a dispoñibilidade orzamentaria e os resultados acadados.

Pola súa parte, a Xunta de Galicia
vai poñer o resto, ata superar os 12 millóns de euros. Un gasto repartido entre equipamento e accións de formación para a comunidade educativa, polo que en 2013 arredor de
15.000 docentes terán recibido formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.

COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line