Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.

Novas

imagen

Categorías

Novas

06-04-2017
BLOG APRENDE JUGANDO EN INGLÉS





  • PROXECTO TIC: Blog educativo “EN INMACULADA SANTA COMBA APRENDEMOS JUGANDO EN INGLÉS”

 

Debido ao gran interese e motivación que presentaron os alumnos cos recursos dixitais interactivos (pds, netbooks,…) traballados na aula, decidimos crear un blog educativo,

 

https://inmaculadasantacomba58.blogspot.com.es/

 

titulado “EN INMACULADA SANTA COMBA APRENDEMOS JUGANDO EN INGLÉS”. Trátase dun espazo social que lles permita aos nenos participar, dentro e fóra da aula, en diferentes actividades en inglés relacionadas con todas as materias traballadas no colexio: maths, geography, science, curiosities, language learning.

É unha plataforma onde os nenos aprenden e se expresan cos compañeiros e profesores. Preténdese así pois potenciar o uso das TIC e a interacción e socialización entre os compañeiros que aprenden mentres se divirten.









22-02-2017
APRENDEMOS ACTUANDO: FINS E PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS








18-12-2015
"SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR"

Seguimos involucrados na Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre residuos Domésticos "Separemos ben, reciclaremos mellor", promovida pola Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes, Ecovidrio e os SIG de pilas. Dita campaña ten por obxecto incrementar as taxas de reciclado na nosa comunidade, a través dunhas xornadas educativas.









18-12-2015
APRENDEMOS ACTUANDO



Queremos informarvos de que está dispoñible no portal da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria o novo número de Eduga. Revista Galega do
Ensino (www.edu.xunta.es/eduga).
Este volume 70 (xullo-decembro 2015) recolle, nas súas diferentes seccións,
experiencias innovadoras e artigos de investigación, xunto ás colaboracións que
incorporan os espazos xa clásicos como “A nosa escola” ou “Que é?” e os máis
recentes: “Formación”, “Innovación” e “Bibliotecas”. Complementan o contido deste
número a “Entrevista”, a “Axenda” e a “Mediateca”.
No apartado “Experiencias ofrecemos a posibilidade de amosarvos a nosa labor de
innovación pedagóxica en relación ao plurilingüismo posta en marcha polo centro baixo
o titulo “Aprendemos actuando”.
Podedes visualizar este artigo no seguinte enlace

  


 










17-10-2012
CENTROS PLURILINGÜES

Desde o curso 2010/2011 formamos parte da " REDE DE CENTROS PLURILINGÜES " de Galicia, iniciándonos nese ano académico no Primeiro curso de Ed. Primaria, na materia de Plástica, e continuamos neste  novo curso  15/16  desenvolvendo esta actividade ata  Sexto curso de Ed. Primaria, xa que consideramos que empregando a lingua estranxeira na área de Ed. Artística, concretamente en Plástica, podemos promover o uso da lingua nun contorno distendido, comunicativo e instrumental.

 

Como pretendemos fomentar a pluralidade lingüística desde idades tempranas, consideramos tamén oportuno seguir co incremento do tempo adicado á lingua estranxeira na Ed. Infantil.

 

Este ano contamos ademais coas clases de conversación en inglés no horario escolar desde Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria









17-10-2012
PROXECTO ABALAR

PROXECTO ABALAR
Desde o curso 2010/2011 o noso Colexio forma parte do Proxecto Abalar, o que supuxo un equipamento en 5º de Ed. Primaria, das seguintes dotacións de material:
· Ordenador portátil para cada alumno/a e profesor, Pizarra Dixital Interactiva, cañón proxector e carro de carga dos equipos.
· Sofware necesario.

 

No curso escolar 2011/2012, o Proxecto Abalar exténdeuse a 6º de Ed. Primaria, polo que se habilitou unha aula cun novo equipamento informático. A Consellería de Educación aportou os ultraportátiles e o Centro financiou a Pantalla Dixital Interactiva, o Proxector, e demais elementos necesarios para poñer en funcionamento a aula.

 

Ademais, desde o curso 2011-2012 as aulas de Ed. Infantil, contan con Pizarras Dixitais Interactivas. Con isto os nenos e nenas poden mellorar a súa competencia dixital, os seus recursos educativos variaron notablemente, xa que forman parte da súa actividade docente e da súa aprendizaxe diaria.

 

Máis información na sección novas









27-10-2011
"Movilizate por la selva"
Os rapaces e rapazas do noso colexio conseguen grazas a súa acción solidaria e mediante unha campaña de reciclaxe de móbiles o apadriñamento dunha fermosa chimpancé chamada Kudia a través do programa “Movilízate por la selva”.

 

Se queres coñecer máis detalles sobre a vida de Kudia visita a zoa de descarga.

 









COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line