Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.


Xestión do Centro


   -   ÓRGANOS DE GOBERNO.

 

 

  • Unipersoais

       Forman este equipo directivo:
- Titular
-. Directora
- Xefe de Estudos.
- Secretario/a.


       As súas funcións axústanse ao lexislado nos artigos 37 e 40 da LODE e aos artigos 4 e 17 do decreto 9 1/1988 (D.O.G. 28 de abril).


       Tan só un sistemático traballo en equipo pode favorecer a coherencia e a continuidade de acción formativa que realiza o claustro, impulsando e coordinando a elaboración, aplicación e avaliación do Proxecto Curricular de Centro, así como a programación e realización das actividades de formación permanente do profesorado.

 

 

  • Colexiados

 

 

       - Consello Escolar.
       A súa composición, atribucións e funcións axustaranse ao disposto nos artigos 4  41 da LODE e nos artigos 21 ó 57 e disposicións adicionais do Decreto 91/1988 do 28 abril (D.O.G. do 28 de abril).


       - Claustro de Profesores.
       A súa composición, competencia e funcionamento axústase ao regulamentado nos artigos 45 da LODE e do 58 ao 61 e disposicións adicionais do Decreto 9 1/1988 do 28 de abril (D.O.G. do 28 de abril).

 


   -   EQUIPOS DOCENTES.

 

 

  • Equipos de ciclo

 

 

       Cada ciclo disporá dun coordinador elexido entre os seus membros. A periodicidade das reunións quedará fixada na Programación Xeral Anual.


       Son funcións dos equipos de ciclo:
- Completar, revisar e adaptar o currículo do ciclo correspondente.
- Elaborar as Programacións de aula.
- Coordinar a marcha do ciclo.
- Canalizar iniciativas do profesorado e promover o intercambio de experiencias.
- Facilitar a integración e a educación na diversidade e cando proceda facilitar a flexibilidade de agrupamento dos alumnos/as.
- Promover actividades.

 

 

  • Comisión de Coordinación Pedagóxica

 

 

       A composición, organización e as competencias da coordinación pedagóxica son as que se establecen nos artigos 61 e 62, Capítulo II, título III, do Regulamento orgánico das escolas de Educación Infantil e Primaria. Reuniranse mensualmente e as súas actividades incluiranse na P.X.A.


       Está constituído por:
- Directora (Presidenta)
- O Xefe de estudos.
- Os Coordinadores de ciclo.
- A Especialista en Audición e Linguaxe.
- O Coordinador de Normalización Lingüística.

 

 

  • Equipos de normalización lingüística

 

 

       Será o encargado de impulsar o cumplimento da lexislación en materia de Normalización Lingüística e de potenciar as actividades que se consideren máis idóneas.
       Este equipo estará formado por un profesor/a de cada ciclo, nomeados polo Director/a.
       As actividades realizadas polo equipo quedarán rexistradas na Programación Xeral Anual (P.X.A.)

 

 

  • Equipo de actividades complementarias e extraescolares

 

 

       Está constituído por un xefe/a nomeado polo Director/a e polos profesores/as que participan nela.
       Reuniranse trimestralmente e as súas actividades quedarán incluídas na P.X.A.

 

 

  • Titorías

 

 

       Cada profesor/a desenvolverá, ademais das súas tarefas específicas, a acción titorial sobre un grupo de alumnos e alumnas de forma que teña continuidade ao longo de cada ciclo.


         Son funcións do titor/a:


- Coñecer as características personais de cada alumno ou alumna.
- Levar rexistros de asistencia, avaliación, boletíns e conduta.
- Seguir o proceso académico de cada alumno e alumna.
- Dirixir os aprendizaxes dos alumnos e alumnas axudándolles a superar as dificultades que atopen.
- Programar e coordinar actividades de recuperación.
- Orientar aos alumnos e alumnas no seu proceso formativo.
- Informar aos pais/nais sobre a evolución persoal, integración no Centro e rendemento académico dos alumnos ou alumnas.
- Estimular a participación dos seus alumnos e alumnas nas actividades educativas.
- Asistir ás reunións dos distintos Equipos Docentes, colaborando cos seus respectivos coordinadores.
- Atender aos alumnos/as nos períodos de recreo ou entre clases.
       

       Co fin de facilitar a relación dos profesores/as-titores cós pais/nais, fixarase na Programación Xeral Anual o horario de atención aos pais-nais.


COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line