Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.


Educación Primaria


imagen

 

   -   METODOLOXÍA:

 

   -   Informática en todas as materias curriculares, con materiais interactivos orientados a consolidar e reforzar         todas as unidades didácticas traballadas na aula.

   -   Xadrez como instrumento para potenciar a capacidade de razoamento lóxico matemático, a concentración, a        creatividade, memoria visual, e valores como a perseverancia, a autocrítica e a toma de decisións.

   -   PAI (Proxecto Activación Intelixencia) Proxecto polo que se intenta que o alumno/a sexa protagonista da súa propia        aprendizaxe.

   -   Actividades complementarias e extraescolares.

   -   Ensinanza personalizada.

 

   -   OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

 

   -   Educar no compromiso solidario.

   -   Desenvolver unha actitude responsable e de respecto polos demais, que favoreza un clima para a        liberdade individual, a aprendizaxe e a convivencia.

   -   Facilitar ao alumno/a o coñecemento e a comprensión do mundo a partir da súa realidade máis preta.

   -   Estimular o sentido crítico e a formación dun pensamento aberto e creativo que oriente a nosa toma de decisións.

   -   Desenvolver hábitos de esforzo e responsabilidade e actitudes de curiosidade e interese por aprender.

   -   Potenciar a utilización das novas tecnoloxías no seu proceso de ensinanza-aprendizaxe.

   -   Potenciar a igualdade de oportunidades prestando atención preferente a aqueles sectores máis desfavorecidos.

   -   Coñecer ao alumno/a mediante a acción titorial e guialo no seu proceso de maduración e aprendizaxe.

   -   Potenciar nos alumnos/as o coñecemento e a aceptación de si mesmos como base do seu desenvolvemento        persoal.

   -   Desenvolver unha aprendizaxe que lles axude a integrar os seus coñecementos a través dunha serie de        destrezas, habilidades e técnicas que lles permitan relacionar o novo co xa adquirido e reflexionar sobre o que        vive e aprende.

   -   Favorecer a comunicación potenciando a observación, a atención e a escoita.

   -   Realizar un proceso de avaliación constante no seu proceso educativo.

   -   Propugnar a desaparición de actitudes sexistas e a homoxeneización de roles para promover a igualdade entre os        sexos.

   -   Potenciar o razoamento lóxico.para a resolución de situacións problemáticas.

COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line