Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.


Presentación


     Dende o Colexio Nuestra Señora Inmaculada de Santa Comba, A Coruña, queremos darvos a benvida a nosa páxina web. Abrimos as nosas portas ao mundo das novas tecnoloxías, tratando de impulsar todo aquilo que nos leve a mellorar o noso labor educativo e iso condúcenos agora a crear esta web e con ela, o noso propio oco en Internet.

 

      Fixémolo cheos de bos propósitos e queremos que esta páxina sexa un medio para: informar mellor, crear novos canles para comunicarnos, innovar, acceder a informacións, imaxes, recursos educativos, introducir as novas tecnoloxías no labor docente, abrir as nosas portas virtuais a todo aquel que queira acercarse a coñecernos...

 

      Queremos ser educadores nesta "Sociedade da Información e a Comunicación" que nos toca vivir, e esta web, é un exemplo palpable do esforzo que realizamos neste sentido.

 

      Espero que todo o que atopedes aquí sexa moi útil e que a visita virtual ao noso centro resulte amena e agradable.


      Dende o Colexio Nuestra Señora Inmaculada, recibide a miña máis entrañable benvida.
                                                                 

 

   Beatriz Quintela Fernández


     Directora do Colexio Nuestra Señora Inmaculada



COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line