Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.


Documentos que nos guían


   -   P.E.C.


      Durante os cursos 93-94 e 94-95 vista a necesidade de contar cun Documento que englobara as liñas xerais de actuación do Colexio, o Profesorado do Centro  involúcrase na elaboración do PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO (P.E.C.).


      Entendemos por PEC un documento no que se recollen as liñas de identidade do noso Centro, os obxectivos xerais que pretendemos conseguir e a estrutura organizativa na que nos movemos, coa intención de ser coherentes co contexto social no que o Centro está inmerso.


      Este documento é o resultado dun proceso baseado no debate e consenso entre diferentes elementos da Comunidade Educativa, no que se analizan as liñas fundamentais do noso labor.


      Calquera persoa docente ou pais e nais de alumnos/as que se integren no noso Centro poderán coñecer a través do PEC as directrices do Colexio, as estratexias de actuación e o rumbo a seguir.


   -   R.R.I.


      O Regulamento de Réxime Interno é unha parte do Proxecto Educativo do Centro, como se prescribe no Real Decreto 82/1996, e que todos os Centros educativos deben ter para regular a vida escolar. No Regulamento de Réxime Interno fíxase a estrutura organizativa, as formas de participación dos diferentes sectores da Comunidade Educativa, pais/nais ou titores, profesores, alumnado e persoal non docente, así como as súas Funcións e Competencias.

 

O Regulamento de Réxime Interno nace para:


. Facilitar a convivencia no Centro, propoñendo normas claras e aprobadas pola maioría.
. Favorecer a participación de todos na creación da Comunidade Educativa.
. Garantir a igualdade no trato e na consideración.
. Impulsar unha organización democrática en todos os asuntos do Centro.
. Recordar e fixar os dereitos e deberes que todos poseemos.
. Defender e armonizar liberdade e eficacia dentro de cada unha das tarefas escolares.
. Animar á colaboración e ao traballo en equipo.
. Fomentar a autonomía e a responsabilidade personal de todos os integrantes da Comunidade Educativa.

 

   -   P.C.


         O Proxecto Curricular recolle os obxectivos de todas e cada unha das áreas e os contidos curriculares que se imparten no Centro.
         Inclúese neste documento:

          -  A metodoloxía para as diferentes materias.

          -  A maneira de atender á diversidade de alumnos/as, cando existan alumnos/as con necesidades        educativas especiais incluiranse os criterios para realizar as adaptacións curriculares apropiadas para estes alumnos/as.

          -  Os Criterios de Avaliación para as diferentes áreas e para os distintos niveis.

 

   -   P.X.A.


      A PXA ten a función de garantir a actuación coordinada das estruturas organizativas e dos equipos de coordinación docente, propiciar a participación e colaboración de todos os sectores da comunidade e definir a distribución responsable das tarefas e actividades para conseguir os obxectivos a nivel de Centro

      Na programación xeral anual inclúense :

              

              -  Os obxectivos específicos que o Centro se propón conseguir no curso académico, medidas que        haxa que desenvolver para a súa consecución e recursos previstos para o efecto.

              -  Horario xeral do Centro e criterios pedagóxicos para a súa elaboración.

              -  Calendario de avaliacións, reunións…

              -  Programa anual de actividades complementarias e extraescolares.

              -  Documento de organización do Centro.

              -  Programa anual de formación do profesorado e organización.



COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line