Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.


Avaliación


         A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado de Ed. Primaria será continua e global, tendo en conta o progreso do alumnado no conxunto de áreas do currículo, progreso que se valorará a partir das características de cada alumno/a e do contexto sociocultural no que se desenvolve.


         A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos do currículo, referirase ao conxunto de capacidades expresadas nos obxectivos xerais da etapa e os criterios de avaliación das áreas, así coma o grado de desenvolvemento alcanzado polos alumnos/as con respecto ás competencias básicas.


         Pretendemos que a avaliación sexa a recollida de información sobre o proceso no seu conxunto, que nos axudará a mellorar o propio proceso e a elevar a calidade da aprendizaxe de xeito que mellore o rendemento dos/as alumnos/as.
        

       Dito proceso comprende:
       1.- Unha Avaliación Inicial ao comezo do proceso de ensinanza-aprendizaxe, na que estableceremos as        aptitudes do alumno/a, o seu nivel de coñecementos, grao de motivación, maduración,....
       2.- Unha Avaliación Continua e Formativa onde estableceremos o diagnóstico das dificultades        especiais atopadas na súa aprendizaxe.
       3.- E unha Avaliación Final na que se comprobarán os logros dos obxectivos plantexados.



COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line