Actividades Complementarias e Extraescolares

Replik Rolex-Uhren Fake Breitling.

Axenda de Eventos do Colexio

Eventos

01-01-1970 - 01-01-1970
DANZA, RITMO E EXPRESIÓN CORPORAL

Continuamos reservando un espazo para desenvolver a capacidade creativa e lúdica dos nosos alumnos/as de Ed. Infantil a través do seu corpo, un lugar para recoñecerse, comunicarse, xogar e bailar, tanto individual como colectivamente con axuda da música. Favorecendo así mesmo a aprendizaxe doutras áreas, axudando ao alumno/a a atopar a fluidez entre as emocións e sentimentos do seu mundo interno e a comunicación cos que o rodean.

Máis información na sección de actividades complementarias e extraescolares.








01-01-1970 - 01-01-1970
TALLER DE FOTOGRAFÍA

No noso Centro consideramos a fotografía como un recurso visual de amplas posibilidades educativas e unha boa ferramenta de traballo para os alumnos/as. O nosos taller de fotografía, por iso, constitúe un bo recurso como medio de expresión artístitca e como instrumento para o desenvolvemento da sensibilidade estética, a imaxinación e a apreciación reflexiva dos aspectos visuais que nos rodean.

Cada ciclo realizará unha exposición fotográfica ao final de cada trimestre.

Máis información sobre as actividades a desenvolver na sección de actividades complementarias e extraescolares.

 








01-01-1970 - 01-01-1970
DANZAS DO MUNDO E BAILES TRADICIONAIS
Outro curso máis gozaremos das danzas tradicionais e aprenderemos a valorar as diferentes manifestacións culturais e artísticas dos pobos.

 

Máis información sobre as actividades a desenvolver na sección de actividades complementarias e extraescolares.

 








COLEXIO INMACULADA SANTA COMBA | C/ Santiago 15,   15.840 - Santa Comba (A CORUÑA) Teléfono: 981 88 00 85
web desarrollada por line