DANZA, RITMO E EXPRESIÓN CORPORAL
Continuamos reservando un espazo para desenvolver a capacidade creativa e lúdica dos nosos alumnos/as de Ed. Infantil a través do seu corpo, un lugar para recoñecerse, comunicarse, xogar e bailar, tanto individual como colectivamente con axuda da música. Favorecendo así mesmo a aprendizaxe doutras áreas, axudando ao alumno/a a atopar a fluidez entre as emocións e sentimentos do seu mundo interno e a comunicación cos que o rodean. Máis información na sección de actividades complementarias e extraescolares.
TALLER DE FOTOGRAFÍA
No noso Centro consideramos a fotografía como un recurso visual de amplas posibilidades educativas e unha boa ferramenta de traballo para os alumnos/as. O nosos taller de fotografía, por iso, constitúe un bo recurso como medio de expresión artístitca e como instrumento para o desenvolvemento da sensibilidade estética, a imaxinación e a apreciación reflexiva dos aspectos visuais que nos rodean. Cada ciclo realizará unha exposición fotográfica ao final de cada trimestre cun tema determinado. - 3º ciclo ......."Pop Art" Utilizaremos a fotografía dixital para crear o famoso efecto de Andy Warhol.
- 2ª ciclo ........"Gotas de auga" Traballaremos a aproximación e o movemento.
- 1º ciclo.......... "Explosión de cor" Traballaremos o ritmo, a harmonía visual e a cor.
Máis información sobre as actividades a desenvolver na sección de actividades complementarias e extraescolares.
DANZAS DO MUNDO E BAILES TRADICIONAIS
Outro curso máis gozaremos das danzas tradicionais e aprenderemos a valorar as diferentes manifestacións culturais e artísticas dos pobos. Máis información sobre as actividades a desenvolver na sección de actividades complementarias e extraescolares.
|
Primerio Premio na fase Provincial do Concurso Escolar da ONCE
Un grupo de rapaces/zas de Cuarto de Ed. Primaria do noso centro proclamáronse vencedores na fase provincial no concurso escolar da ONCE.. Neste 28º Concurso da ONCE, e baixo o lema “HAZ TU BARRIO ACCESIBLE””os alumnos/as : · ALICIA QUIROGA CABO · HANAE YAHYAOUI · AGUSTÍN DOMÍNGUEZ TECHERA acadaron o Primeiro Premio na categoría de Educación Primaria. Dexesamos que teña moita sorte na fase Autonómica.
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O VINDEIRO CURSO 2012/2013
Aberto o proceso de admisión de alumnos para Educación Infanntil e Ed. Primaria para o vindeiro curso 2.012/2013. O plazo de inscripción vai desde o 1 de marzo ata o 10 de abril , ámbolos dous incluídos, NORMATIVA REGULADORA DA ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS
Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG do 16 de marzo 2007) Orde do 17 de marzo DE 2007 (DOG do 19 de marzo 2007) Corrección de erros (DOG do 4 de abril)
“A TÚA AXUDA PODE SALVAR VIDAS”
Baixo ese lema os nenos e nenas do colexio iniciaron unha campaña de recollida de tapóns de plástico para axudar a AITANA unha nena de Zaragoza que necesita axuda para poder sufragar os gastos para o tratamento da súa cardiopatía conxénita. ANÍMATE E SEGUE COLABORANDO CON NÓS NESTA ACCIÓN SOLIDARIA.
"Movilizate por la selva"
Os rapaces e rapazas do noso colexio conseguen grazas a súa acción solidaria e mediante unha campaña de reciclaxe de móbiles o apadriñamento dunha fermosa chimpancé chamada Kudia a través do programa “Movilízate por la selva”. Se queres coñecer máis detalles sobre a vida de Kudia visita a zoa de descarga.
|